SESO DURÁN

Like
47
SESO DURÁN

SON DA MEMORIA

Un disco escrito arredor do que aconteceu tras o golpe de xullo de 1936. Centrado nas vítimas, nos verdugos, nos lugares, no cable eléctrico que conecta pasado e presente.

UN CONCERTO, UNHA HOMENAXE.
A Guerra civil ven sendo tratada artísticamente desde o seu mesmo acontecer. A memoria e a loita pola supervivencia, a brutalidade, a insolencia e a compaixón e a dignidade que as
confrontan, forman parte da paisaxe sonora, visual e emocional de Son da memoria.   Un disco en cuxa gravación participaron algúns d@s mellores músic@s do país,  preséntase en directo cun septeto, ao que se suman convidad@s e a proxección de material audiovisual, completando unha experiencia que supón tamén unha homenaxe aos que sufriron o terror do franquismo.

A CANCION

    Todo:  A canción que pecha o disco non é un canto á esperanza, senón un lamento pola perda irreparable de tantas persoas.  Cada unha das case 5000 persoas asasinadas na Galiza durante o terror do franquismo, foron outros tantos disparos a unha realidade que non puido ser e que xa nunca vai ser.  As consecuencias do que aconteceu a partir de xullo de 1936 seguiranse a sentir durante moito tempo, máis aínda se a sociedade a que lle corresponde permite que a verdade e a reparación das vítimas non se fagan verdadeiramente efectivas.

share
Menu Title