REYNIER ALDANA

1
51
REYNIER ALDANA

Naceu na Habana (Cuba) no ano 1982.

Os seus comezos na música cubana é como percusionista ós 14 anos. Con 17 comeza a tocar o baixo nunha banda formada por un grupo de amigos.

Fundador e baixista da Banda MATE (2003) percorren a xeografía cubana por diferentes escenarios locais e festivais musicais.

Colaborou co músico rapeiro Kumar, así como na produción de varios discos de cantautores cubanos coma o talentoso Erick Méndez (“Canto a Jesús”, 2009), co carismático Frank Delgado (“Los trovadores no saben ná de la vida”, 2009), ou no disco de Ray Fernández (“Paciencia”, 2011), onde tamén colaborou a cantante do Buena Vista Social Club, Omara Portuondo.

A súa colaboración máis recente foi co rapcantautor cubano Kamankola (“Hasta precisar el aire”, 2016), onde tamén colaborou Javier Ruibal.

Podemos atopar outros cantautores aos que acompañou por distintos escenarios como Pedro Beritán, Mauricio Figueiral, ou Adrián Berazaín entre outros.
Na compañía dunha guitarra e a súa voz, pouco a pouco, e de canción en canción, comeza a defender a súa proposta.
No seu estilo musical atópase un abano de ritmos que van dende os africanos, pop rock, fun, bolero, pasando polas sonoridades electrónicas, e aderezados pola música tradicional cubana e doutras raíces.

 

Instálase en Galicia na procura de novas linguaxes dentro da música, chegando a formar a súa banda.
Colabora en distintos proxectos xunto ó pianista cubano Alejandro Vargas ou músicos da escena galega como L.A.R. Legido, Chus Pazos, Max Gómez e Gustavo Almeida.
No ano 2015 sae á luz o seu primeiro disco independente “Huella”, gravado en Pontevedra e producido xunto con Leonardo Rodríguez.

 

 

share
Menu Title