OS SALJARITEIROS

14
1399
OS SALJARITEIROS

GRUPO DE CANTOS DE TABERNA

Según a definición do Disionario da Revolusionaria Academia Morraçense da Lingua, “saljariteiro” dícese do home que lle gustan moito as mulleres, así como bailar cantar e andar de troula…( de ahí o noso nome.)

13032016-_VLS0594

O grupo de cantos de taberna “Os Saljariteiros” nace, dun proxecto máis antigo, fai un par de anos; froito do interés pola difusión e conservación do noso patrimonio cultural inmaterial, e da inquedanza musical de un grupo de amigos, homes e mulleres, saljariteiros e saljaritas, de diferentes idades das comarcas do Morrazo e Pontevedra, que pertenceron ou pertencen a distintos grupos e escolas de baile e música tradicional, como son A Asociación Cultural Retrouso de Cela, o Grupo de Música Tradicional “Os Chichisos” de Pontevedra e os “Trebellos do Morrazo”. A maioría dos seus componentes formaban parte do grupo “A Ghaita do Avó” que acadou o 1º premio no concurso de cantos de taberna organizado na Foliada de Melide no ano 2011.

Embarcaron nesta viaxe, centrándose na recuperación dos cantos de taberna, que pasou por uns anos oscuros nos noventa e o redor do comezo do milenio, e que gozaron dos seus anos dourados nos oitenta, onde estes cantos, xurdían espontáneamente en gran cantidade de bares da nosa xeografía; lembramos a grupos como A Roda, Grupo Camariñas, Charanga de Mozos e Vellos, O Muiño, Xocaloma ou Ruada. Agora, na actualidade parece rexurdir das suas cinsas, e veñense convocando distintos eventos e concursos de cantos de taberna por diferentes puntos da xeografía galega, e vanse sumando, aínda que poucos, máis bares e tabernas onde se pode expresar espontáneamente esta forma de senti-la música galega que está a cabalo entre o canto coral, e a música tradicional, pero onde o canto colle protagonismo e musicalmente so se utilizaba a percusión que se tiña a man, un acordeón ou unha guitarra e como moito unha gaita. Todos aqueles vellos grupos, e os actuais como a xente de O Fiadeiro, Treixadura e o seu Orfeón, son fonte de influencia e inspiración para nos.

E por iso, que o mellor escenario para este tipo de actuacións son os bares, furanchos e tabernas, onde a proximidade co público e a interación con este, casan nunha perfecta comunión. Pero tamén gostamos de ir a seráns, festivais e foliadas, xa que o provir da música puramente tradicional, temos un amplo repertorio de pezas populares: pasodobres, muiñeiras, xotas, rumbas e foliadas.

Comprometidos coa divulgación do patrimonio cultural e defensa da lingua vimos colaborando con diversos colectivos e asociacións culturais na recuperación de tradicións, amenizando conferencias e diversos actos, colaborando en obradoiros e actividades didacticas vinculadas coa música, etc., sempre dunha maneira lúdica-festiva en prol do devertimento das persoas adultas e da sensibilización das novas xeracións, para que coñezcan e poñan en valor o noso, sempre ameazado, rico folclore.

 

Temos actuado en: Marin, Bueu, Cangas,Pontevedra, Cuntis, Bertamiráns, Santiago, Arzúa,Melide, Lalín, Vigo, Rebordondo, Ourense Feira dos Carballiños (Vilatuxe) e Ruadas e Seráns de toda a comarca…e onde quede un Furancho ou unha Taberna donde deixen Cantar..

share
Menu Title