LAROÁ

7
2030
LAROÁ

Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor.

Laroá nace a principios do ano 2016 inspirados pola procura dunha fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica.

Un proxecto froito da inquedanza de sete músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes.

Partindo na súa maioría das influencias de música lusófona e de raíz, adentrámonos nun universo de exploración de novos horizontes musicais, nunha viaxe sonora repleta de mestura e variedade. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo abanico tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais.

 

MÚSICOS:

Diana Tarin Sanchez: Voz e percusión.
Javi GDjazz: Trompeta, flugel, corno e percusión.
Antonio «Monano»: Teclado e percusión.
Rafa Morales: Baixo eléctrico e percusión.
Miguel Fraguas: Percusións, gaita e low whistle.
Franc Gorriz: Batería e percusión.
Laura Taka: Coros e percusión.
Anaïs Barbier: Coros e percusión.
Juan Cella: Audiovisual.
Dibay: Producción.

 

 

 

CD Y MERCHANDISING



camisetacd

Descarga CD digital: Una vez comprobado tu pago se te enviará al email una dirección web y un código de descarga. El proceso no es automático, intentaremos agilizarlo lo máximo posible.





share
Menu Title