DIEGO PACHECO

6
102
DIEGO PACHECO

DIEGO MESTEÑO

Un variado percorrido musical baseado no Flamenco, fusionado con estilos musicais como a Bossa-Nova, Jazz, Blues, Pop, Funk e ata co máis puro son Western.

Este espectáculo instrumental inspirado no Cabalo Mesteño, (cabalo cruzado de varias razas), intégrase por seis músicos cunha dilatada experiencia e recoñecemento no panorama musical nacional.

 

DIEGO PACHECO

Comeza a estudar guitarra clásica en 1988 con Miguel Freire.

1En 1992 comeza os seus estudos de Harmonía moderna con Rubén Pérez, Marcos Fernández e Mario Grimaldi.

No 1994 ingresa na academia Ateneo Jazz de Madrid, baixo a tutela do prestixioso profesor Félix Santos Guindel (Cum Laude na Berkley School).

En 1998 empeza os seus estudos de flamenco con Ignacio de León e posteriormente co Mestre José Manuel Montoya.

Músico de sesión con diversos artistas nacionais e internacionais.

Compartiu escenario con artistas da talla de James Brown, Nacho Veiga, Hook Herrera, Coque Malla, Heiko Schwanemann e un longo etcétera.

Gravou como músico de estudo en máis de sesenta discos para outros artistas nacionais, e realizou arranxos e composicións para teatro, televisión, spots, etc.

 

 

ARTISTAS

SUSODANI JAVIALEXXIÑORSARAFOTO      

share
Menu Title