DAQUELA

7
130
DAQUELA

DAQUELA é un trío formado polos músicos galegos Nando Lago (Guitarra), Rafael. Morales (Baixo) e Noli Torres (Batería).

Con Daquela realizan unha labor de procura de repertorio da tradición musical galega, por diversos medios, xa sexan a través de Cancioneiros ou transmisión oral, para reelaboralo e interpretalo cun amplo espazo para a improvisación.

Comezaron a tocar xuntos a finais dos anos 90, cando o seu interese pola música improvisada fixo que se atopasen para interpretar standards de jazz e temas orixinais.

Xa nesta época fixeron os seus primeiros achegamentos á música tradicional galega. O batería Noli Torres, xunto co grupo Quinta Feira, realizaron o traballo “Do seu”, álbum incluído na colección de “Música Galega” publicada en 2003 polo xornal A Voz de Galicia, onde se inclúe o máis representativo da música Galega.

De xeito conxunto Noli Torres e Rafael Morales colaboraron co grupo Alén nunha serie de concertos polos Estados Unidos, contando nesta xira coa gaiteira galega Susana Seivane.

A principios do 2000 Nando Lago e Rafael Morales trasládanse a Holanda para realizar os seus estudos de jazz nos conservatorios de Háxaa e Amsterdam, respectivamente.

Rafael Morales colaborou con múltiples proxectos, algúns dos máis destacados: Yuri Honing Wired Paradise, Batik, State of Monc, As Guests, T.H.E.O (The Hague Ethospheric Orchestra), Jamal Thomas Band, Junghyung An Quintet, Sambayá, Boka Halat de Banjul, Erik Ritfeld Unit,…

Noli Torres é titulado superior na especialidade de jazz polo Conservatorio da Coruña. Colaborou con Kin García trío, Gabriel Peso trío, Jazz Pagano, Vin-Gop, Gog y Las Hienas Telepáticas, Peter Delphinich,…

Nando Lago reside dende hai unha década en Madrid, onde colabora como compositor en diversos proxectos teatrais da compañía Teatro El Zurdo e co grupo de música Gnawa, Bambra.

share
Menu Title