DANI ROYO

3
124
DANI ROYO

“Unha maneira de sentir”

“Mi fuente de inspiración brota de mi necesidad de llegar al corazón de las personas, emocionar y darles vida. Mi música es una expresión del vivir cotidiano, quiero mostrar con cada nota y cada palabra, las maneras de sentir de la gente que me rodea”

Dani Royo

 

Está considerado coma un dos músicos con maior recoñecemento en Galicia e un dos artistas máis activos musicalmente, este zaragozano de nacemento e galego de adopción, preséntanos tres formacións coas que poder desfrutar dun sentimento feito canción:

 

“Me entrego al universo”

Primeiro traballo discográfico producido e arranxado polo recoñecido produtor musical Juanma Leal.
Presentou o disco en emisoras de radio coma Radio Galega ou Los 40 Principales, así coma en programas de TV coma Bamboleo, Aquí Galicia ou Sálvame.
Na actualidade o single “Me entrego al universo” están sonando en distintas emisoras de España.

 

“Banda Tributo a Antonio Flores: 7 Vidas”

Fai un recorrido neste proxecto polo repertorio da gran obra do compositor e artista Antonio Flores.
É un tributo á aportación que este artista fixo á cultura musical do noso país.

 

“Version´s Band: Versiones de los 80”

Un xeito de revivir a música dos 80.

 

Traxectoria

A súa paixón pola música comeza dende pequeno, sendo con 7 anos a súa primeira aparición no programa musical de TVE “Sopa de Gansos”.
Zaragozano de nacemento, con 9 anos trasládase a Galicia, onde se inicia coa gaita e o baile tradicional galego, formando parte dun grupo de folclore durante 11 anos.
Os seguintes 8 anos pásaos en Tenerife, onde colabora con distintas formacións musicais.
A partires do 2009, ano en que volve a instalarse en Galicia, comeza a despegar a súa carreira musical, participando en distintos certames resultando sempre gañador ou finalista.
A súa traxectoria musical, participando en distintos certames ou compartindo escenarios con grupos coma La Oreja de Van Gogh, Ariel Rot, Seguridad Social, Los Limones, Modestia
Aparte… conseguiron que se fixese un oco no panorama musical español.
No ano 2017 grava o seu primeiro disco composto por seis cancións e producido e arranxado por Juanma Leal.
A Xira Galicia levouno no ano 2018 a realizar máis de 100 concertos por toda a xeografía galega.
Destacan os seus directos en salas da Coruña coma La Pelícano, Sala Sónar, Sala Amura ou a Sala Libertad y El Rincón del Arte Nuevo en Madrid.
Despois do éxito e a boa acollida do disco, no 2019 saca unha reedición do mesmo incluíndo dous singles de éxito absoluto.
Actualmente está xirando por toda a xeografía española, facendo desfrutar ó publico dun espectáculo inesquecible.

 

 

 

 

share
Menu Title