COMANDO FOUCELLAS

8
106
COMANDO FOUCELLAS

Unha banda adicada ao contrabando de aire e ao tráfico de melodias. Especializados nos instrumentos de vento, cos cales asaltan todo canto palco hai.

Esta formación naceu en Pontevedra a comenzos de 2012, e que arrinca a súa idea musical bebendo sa música popular e tradicional de Galiza. Unha homenaxe ás antigas orquestras que facían música nos salóns de baile.

Nos seus golpes mesturan influencias de seu, un elenco de músicos de diferentes lugares do mundo, facendo música do país. Inspirados pola fermosura das melodías e a recuperación de antigos repertorios, o Comando Foucellas camiña con paso firme no panorama musical galego; non vos despistedes, están adestrados para gañarse o respeto do público e… soprar a tradición.

Comandando a banda, nas voces e percusión, Lola de Ribeira, excomponente ou colaboradora de grupos como Díplomaticos de Montealto, Seralhe Ai, Fiandola, Uxía Senlle Banda, Susana Seivane.

Sección Rítmica, os pontevedreses, Javier Rabanal (Contrabaixo) e o mestre Noli Torres as baterías e percusión. Musicos cunha dilatada carreira e experiencia en diferentes estilos (Kin García Trio, Jorge Pardo, Gabriel Peso trio, Banda Baile Asalto, Liorna).

Os Ventos, “os Homes sen medo” o “tenoriense” Miguel Fraguas e o Lituano Sarunas Pupelis, músicos afincados na cidade do Lérez dende hai tempo (Letonian Sinfonic Orchestra, Big Band Bend, Banda Baile Asalto, Mitic, Laroa, Son de Seu).

A Rítmica e alegría, chega da mán de Miguel Fraile, diplomado superior de guitarra, polo conservatorio de Vigo, un todo terreno…

Benvidos o noso universo musical…

share
Menu Title