Coanhadeira

3
253
Coanhadeira

Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar aquelas marabillas musicais conservadas até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, acadamos numerosos galardóns e camiñamos sobre moitos dos principais escenarios folque galegos e Europa, como o Festival de Pardiñas (Galicia), A Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galicia), festival da Rebusca (Galicia), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L”Orient (Francia), entre outros.

“SOA”

No 2015, lanzamos o noso ultimo traballo: Bicos con luvas, co que pretendemos realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmósferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira.

 

share
Menu Title