BATITAL-MÚSICA PEREGRINA

44
1064
BATITAL-MÚSICA PEREGRINA

Hai só uns días que a Praza do Teucro de Pontevedra acolleu a estrea do proxecto MÚSICA PEREGRINA- CONCERTOS FIN DE ETAPA, que está a poñer en marcha o grupo BATITAL e a produtora DIBAY EVENTOS, co patrocinio de Bico de xeado, pretende ser “una recompensa cultural e de lecer ao esfoerzo de cada peregrino do Camiño de Santiago”.

18052018-_VLS8159

 

Un dos obxectivos da iniciativa é achegar valor engadido ás localidades de paso do Camiño e conseguir que a breve estancia dos peregrinos en cada unha se convirta nunha experiencia única, que permaneza gravada na súa memoria.

Deste xeito, as horas mortas entre a súa chegada a cada cidade, o descanso e a saída de novo, tomarán vida en forma de agasallo e celebración. A música daralles a benvida como o mellor analxéxico natural para todas as dores acumuladas no seu corpo tras xornadas de sacrificio.

“Música Peregrina non podería estrearse en mellor lugar que Pontevedra, unha cidade actual, moderna, emblemática, cultural e unha etapa clave no Camiño Portugués a Santiago, de aí que se teña elixido para esta primeira experiencia que servirá como referencia para a organización do resto da xira de concertos”.

Música Peregrina non é un concerto ao uso, senón unha experiencia, un espectáculo deseñado para evotar sentimentos no peregrino e unir aos distintos pobos que confluen nesta ruta milenaria a través da música.

18052018-_VLS8215

A presentación conta con 16 temas coidadosamente elixidos de entre as nación que achegan máis peregrinos ao Camiño, interpretados en dez idiomas: español, francés, italiano, coreano, ruso, protugués-brasileiro, alemán, eúscaro e catalán.

BATITAL

O Grupo Batital, que é o encargado de poñer música e voz a todo o espectáculo, foi creado no ano 2007 por Fran Muinelo. Interpreta músicas do mundo conservando as raíces da música tradicional galega, fusionada cos máis variados estilos.

Violín, mandolina, guitarra, baixo, ukelele, acordeón, buzuki, vibráfono e batería, coas más variadas percusións do mundo, son o abano de instrumentos que soan ao logo de todo o concertó de Música Peregrina.

18052018-_VLS8359

Todo elo interpretado por músicos profesionais de gran prestixio: Iria Estévez, Marco Men Doza, Yuri Sidar, Carlos Martínez, Omelyan Grabets, Pablo Expósito e Fran Muinelo.

Estos concertos, como non podería ser doutra maneira, son abertos a todo o público de cada cidade ou visitantes que decidan achegarse a gozar cun espectáculo innovador, aínda que adicado especialmente a todos os peregrinos que nesa xornada se atopen na vila facendo unha parada do Camiño, e tamén para todos os que xa fixeron o Camiño nalgún momento.

share
Menu Title