As Chaneiras

9
1352
As Chaneiras

“Novos aires na música e nos cantos tradicionais galegos”

As Chaneiras acompañan as súas voces con instrumentos coma as pandeiretas, pandeiros, coas cunchas…ata chegar a incorporar no seu repertorio un instrumento de percusión africana coma o “Djembé”.

Baixo a influencia da tradición oral existente en Galicia, comezaron interpretando cancións tradicionais ata chegar aos noso días, onde lle dan o seu punto particular innovando na interpretación desa música tan arraigada no noso pobo.

Composto por seis voces femininas nace no 2008 coa finalidade de manter viva a tradición popular galega, interpretando un repertorio cun toque propio e singular que engancha ao
público.

A traxectoria que avala a esta agrupación pódese comprobar na súa participación en seráns, ruadas, ou festivais que se organizan pola xeografía galega,… incluso participando coa súa música no acto de aceso do alumado de Nadal da cidade de Pontevedra.

¿Vas perder a oportunidade de escoitalas?
¡Queda prohibido non gozar deste seu espectáculo!

 

share
Menu Title