AnodhoR

7
590
AnodhoR

AnodhoR 2019

 

AnodhoR nace en 2013 da man de dous amigos; Jota (voz) e Tin (violín) que, tras deixar atrás os seus anteriores grupos deciden combinar os seus estilos, creando así un xénero un tanto peculiar, fusionando Folk con Death Metal. A eles úneselles Bruno (flauta), comezando unha etapa de gran inestabilidade na que, a pesar de realizar algún concertó e recibir algún premio local, a banda centrarase en buscar músicos que se sintan identificados con este estilo minoritario.

Inda coa incorporación de Alba (baixo) e Saúl (guitarra) pouco tempo despois, AnodhoR non completará a súa formación definitiva ata finais de 2015 con Jacky (batería) e Sergio (guitarra). É nese momento no que a agrupación afronta un ilusionante periodo de auxe musical e se decide a grabar a súa primeira maqueta. Comeza así, en 2016, un rexurdir que continuará con concertos con bandas de nivel internacional do mesmo xénero e coa publicación deste primeiro traballo en decembro, baixo o nome de Break the Silence, marcando un punto de inflexión no futuro inmediato de AnodhoR e comezando a xira de presentación en 2017.

share
Menu Title