FOULA

2
51
FOULA

“Música do país feita para o mundo”

O grupo A FOULA ve a luz no 2001 coma unha charanga tradicional, chegando a participar ese mesmo ano no Festival de Guimgamp (Bretaña francesa).

Máis tarde, transfórmase nunha Banda de Gaitas, de toque pechado, como homenaxe ao Mestre Ricardo Portela.

O seu recoñecemento no estranxeiro, en países como Portugal ou Francia, avalan o labor dos seus directores e mestres: Miguel Fraguas e Lola Fernández (“Lola de Ribeira”).61110284_466335477445864_6463720326424428544_n

Composta por corenta integrantes, ademais da banda, A Asociación Cultural A FOULA conta con:

 

A formación Coral SEITURA

Dezasete músicos arredor da música galega interpretan pezas populares cheas de dinamismo.

Dirixida por Lola de Ribeira, esta proposta vocal mestura a música coral coa instrumentación máis aberta.

13344684_1858305264396994_7990370458933854674_n

A Charanga OS VIRAS

Inspirado na canción tabernaria e cun repertorio variado, está composta por acordeón, gaita, clarinete, percusión e cinco voces que nos farán viaxar polo fermoso e nocturno  intramundo.

21741122_2105602063000645_8840927303390694211_o_1

O cuarteto PAPAVENTOS

Música tradicional con repertorio das Rías Baixas. Cuarteto tradicional de dúas gaitas, tamboril e bombo que fan repertorio das Rías Baixas (un
son, unha maneira de tocar e ornamentar típica da zona).

13717441_1883287458565441_5693816039884891911_o

Grupo de Baile FOULA

Agrupación de baile que interpreta coreografías de danza tradicional e outras de carácter máis aberto.
Colaborou co espectáculo “Amantes da Terra”, de Queiman e Pousa, e no videoclip “Hei de Volvere” de Comando Foucellas.

A todo este proxecto se lle dá forma grazas ao achegamento dos compoñentes da súa Escola de Música (percusión, gaita, pandeireta, canto, baile tradicional…), principal fonte da súa creatividade e formación.

60556232_466335697445842_5841963710851055616_n

 

share
Menu Title