Concertazo de `Ancestros’

Concertazo de `Ancestros’

Like
125
0
Domingo, 29 diciembre 2019
noticias

Concertazo de `Ancestros’ onte no Auditorio da Azucarera de Portas.
“Cheo absoluto”
Mil grazas a organización por contar con DibayEventos no Son e Iluminación deste gran espectáculo.
`Medre Ancestros’

En primeiro lugar GRAZAS as case 300 persoas que enchestes o auditorio de Portas, aos familiares, amigos, coñecidos e sobre todos aos menos coñecidos. GRAZAS por darnos a oportunidade de coñecernos e darnos o voso apoio.

GRAZAS a @maribelnovofariña e ao @concellodeportas por todas as facilidades para poder ensaiar no auditorio e realizar o concerto.

GRAZAS Maria Del Mar Singer Gonzalez Loureiro e Jesus por tanto traballo, tanto sacrificio, tantas horas e tanto bo facer.

GRAZAS Sesi Mas Sesi, Radio Arosa Cadena Ser, La Voz de Galicia. Edición Arousa Faro de Vigo por deixarnos un espazo nos vosos programas e xornais e deixarnos de facer un pouquiño de ruuido.

GRAZAS Víctor Lorenzo por esas marabillosas fotos.

Grazas @Cristina G. Ollero por eses vídeos fantásticos.

GRAZAS Pablo Rodriguez Fernandez e Diego Otero Moraña pola axuda na recollida de entradas e todo o feito para facer posible que o espectáculo se desenvolvera do mellor xeito posible.

GRAZAS a todos os músicos, Daniel Barros Diaz por esas frautas máxicas, por esas melodías e todo o teu traballo, José María Trigo por ese violín, esa enerxía e eses bailes, Jose Ramón Morales pola túa voz, os bailes e as pandeiradas Gabriel Fernando Cedeño Prócel Prócel por eses ritmos na guitarra,Nardi por esas harmonías no piano, @Marcos Vázquez por eses ritmos incansables na batería, a nosa sección de metais a Pablo Pablo Emilio Santaclara Ríos por vir, por taturarnos nos ensaios (cousa que non é sinxela) e por eses baixos e eses efectos que tanto aportaron a todo o espectáculo, a Miguel Froján Castro pola súa trompa a súa voz a súa guitarra e por ser como é, a Alejandro polo seu trombón, o seu bombardino, a súa voz, os seus bailes…Grazas Juan Manuel Lopez Vazquez por todo o traballo realizado tanto diante como detrás.

Comments are closed.

Menu Title